EQUIPO

En  BeWell formamos un equipo altamente cualificado, formado no seo da comunidade universitaria onde colaboramos en numerosos traballos técnicos e de investigación desenvoltos no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais de traballar en centros de investigación de referencia internacional como Wageningen UR (Países Bajos) e Aarhus University (Dinamarca). Contamos con máis de 10 anos de actividade desenvolvendo estudios específicos relativos ó benestar animal e control ambiental das explotacións gandeiras. A experiencia adquirida no desenvolvemento dos traballos permite ofrecer un servizo profesional de alta calidade técnica, combinando o uso das tecnoloxías máis innovadoras co coñecemento do medio adquirido durante o desenvolvemento dos proxectos de investigación.

Tamara Arango López

socia Fundadora.
área de asesoramento e i+d

Roberto Besteiro Doval

Socio Fundador.
Área de asesoramento e divulgación.

Fernando Quintero Prieto-Puga

Director de desenvolvemento de negocio. Área Comercial.

Dolores Fernández Fernández

Socia Fundadora. Asesora científica.

Ramiro Rodríguez Rodríguez

Socio Fundador. Asesor científico.